Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Pode consultarse a través da Sede Electrónica do Concello durante un prazo de 20 días, a efectos de alegacións

- O documento establece as zonas nas que é obrigatorio xestionar a biomasa forestal para evitar a propagación de lumes

ValSetecoross

Valga, 5 de abril de 2021.

O Plan Municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais sométese a información pública durante un prazo de vinte días hábiles despois de introducir unha modificación para reforzar a protección das vivendas que se atopan illadas.

O Boletín Oficial da provincia (BOP) publica hoxe o anuncio de exposición pública, polo que a partir de mañá as persoas interesadas poderán examinar o expediente a través da Sede Electrónica do Concello (https://valga.sedelectronica.gal) e presentar as reclamacións oportunas. Se transcorrido dito prazo non se presentaran alegacións, o plan aprobarase definitivamente.

Este documento, que xa fora ratificado en agosto de 2019 polo Pleno, foi elaborado pola empresa pública Seaga no marco dun convenio colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Fegamp e o Concello para a prevención de lumes forestais e a xestión da biomasa.

Incorpora unha análise territorial e xeográfica dos 40’6 quilómetros cadrados do termo municipal, atendendo especialmente ao seu medio natural: climatoloxía, edafoloxía, hidroloxía, flora, fauna e espazos naturais protexidos. Tamén inclúe unha análise do risco de incendios elaborada a partir dos datos da Consellería do Medio Rural sobre o período 2008-2017, no que se contabilizaron un total de 50 lumes con 18’78 hectáreas queimadas. En base a estes datos conclúese que o índice de risco potencial de incendio en Valga é alto.

O Plan Municipal establece as redes secundarias de faixas de xestión da biomasa, formadas por un conxunto de parcelas estratexicamente localizadas que posúen a función prioritaria de protección dos núcleos poboacionais, das infraestruturas, dos equipamentos sociais, das zonas edificadas, dos parques e dos polígonos industriais. Así pois, o obxectivo é garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal nestas faixas mediante técnicas silvícolas axeitadas, co fin principal de reducir o risco de incendio e protexer ás persoas.

En base a este obxectivo, é obrigatorio por parte dos propietarios dos terreos xestionar a biomasa vexetal nos seguintes casos:

  • Nas redes secundarias situadas nunha franxa de 50 metros arredor do solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.
  • Arredor das edificacións destinadas a persoas, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte.
  • Arredor das edificacións illadas destinadas a persoas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte

No tocante ás redes terciarias de faixas de xestión de biomasa localizadas en terreos forestais e vinculadas a infraestruturas de uso público como camiños, vías, estradas de titularidade municipal, pistas forestais, faixas auxiliares de pista ou áreas cortalumes, é competencia do Concello adoptar as medidas de prevención de incendios que lle correspondan.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver