Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Trátase dunha liña de financiamento de emerxencia debido ao Estado de Alarma e á pandemia do coronavirus

- A axuda pode destinarse a adquirir produtos de primeira necesidade e material de prevención, entre outros

logodeputacionl

Valga, 15 de abril de 2020.

A Deputación de Pontevedra vén de comunicar ao Concello a concesión dunha subvención por valor de 17.780 euros para reforzar a prestación de servizos básicos de emerxencia a consecuencia do Estado de Alarma e da pandemia do coronavirus.

Trátase dunha liña de financiamento extraordinario que vai dirixida aos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. A axuda aprobada debe destinarse á atención de persoas maiores que vivan soas, atención a persoas que se atopen en situación de risco ou especial vulnerabilidade, necesidades de desinfección das dependencias municipais abertas ao público e outras necesidades de carácter básico.

Dentro destas liñas, os fondos poden investirse en adquisición de produtos de primeira necesidade, gastos correntes derivados da posta en marcha de servizos de atención a persoas maiores ou vulnerables, gastos de persoal, gastos de combustible, teléfono, material de papelería, compra de material de prevención para os empregados públicos municipais, gastos de transporte por hospitalización, subministración de roupa de cama ou aseo para atención básica das persoas afectadas, gastos de lavandería ou calquera outro de natureza análoga.

logodeputacionl    EscudoConcellook

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver