Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Instalaranse colectores en diversos lugares de Cordeiro, Xanza, Setecoros e Valga

- A nova infraestrutura permitirá evacuar as augas residuais procedentes das viviendas e eliminar pozos negros

ObraSane1

Valga, 29 de marzo de 2021.

O Concello vén de formalizar o contrato coa empresa Construcións, Obras e Viais (Covsa) para executar obras de ampliación da rede municipal de saneamento nas parroquias de Cordeiro, Xanza, Setecoros e Valga.

O proxecto recén adxudicado suporá un investimento de 167.232’62 a través do programa provincial Plan Concellos 2020. Inclúe obras de colocación de colectores en diferentes lugares das parroquias mencionadas.

Os colectores realizaranse con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro interior para a evacuación das augas residuais procedentes das vivendas, eliminando así os pozos negros e fosas sépticas existentes e reducindo posibles focos de contaminación ambiental. Tamén se instalarán os correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometidas das vivendas.

Con estas obras o goberno local continúa avanzando no seu obxectivo de chegar coa rede municipal de saneamento a todos os lugares do concello.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver