Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A loita contra a discriminación laboral ou as políticas e medidas contra a violencia de xénero foron algúns dos asuntos deste módulo

- Este proxecto conta coa participación de 16 mozos de Valga e Moraña e terá unha duración dun ano

XóvenesIgualdade1

Valga, 12 de marzo de 2021.

O alumnado do Obradoiro de Emprego “Xóvenes”, dos concellos de Valga e Moraña, asistiron esta mañá no Auditorio Municipal a unha xornada sobre igualdade.

Trátase dunha formación complementaria aos oficios que están a aprender durante este proxecto, albanelería e forestais, cunha duración de dez horas e que foi impartida pola técnica do Concello Samantha Bandín.

O obxectivo é que os aprendices coñezan os diferentes plans e políticas institucionais para a loita contra a discriminación laboral, tomen consciencia sobre o problema social da violencia de xénero e coñezan as políticas, programas, medidas preventivas e recursos existentes para actuar contra esta violencia. E, fundamentalmente, sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes para poder contribuír ao desenvolvemento da sociedade a través do acceso en condicións de igualdade ao mercado laboral.

Esta formación foi impartida ao mesmo tempo que reciben a formación específica de cada especialidade e traballan nas obras de interese público recollidas no proxecto.

O Obradoiro de Emprego “Xóvenes” deu comezo no mes de novembro e ten unha duración de doce meses. É cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91’89% a través do programa  Operativo 2014-2020.

XóvenesIgualdade2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver