Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo entregáronlle esta mañá os vales de compra

- A papeleta premiada foi repartida no establecemento Estanco Antón

MercaValgafebreiro1

Valga, 11 de marzo de 2021.

A campaña de apoio ao comercio local, Merca-Valga II, xa coñece ao gañador do mes de febreiro: Francisco Javier López Troncoso, veciño de Cimadevila (San Miguel de Valga), que resultou agraciado cun premio de 500 euros en vales de compra no sorteo correspondente ao pasado mes de febreiro.

El era o portador da papeleta co número 3459, coincidente coas últimas catro cifras do primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional do día 27 de febreiro. O boleto foi repartido no Estanco Antón.

Neste establecemento tivo lugar esta mañá o acto de entrega dos vales por valor de 500 euros, ao que asistiron os concelleiros Carmen Gómez e Pedro Calvo. O gañador poderá gastalos nos establecementos adheridos a esta campaña, sendo a data límite para canxealos o 30 de xuño.

Merca-Valga, que vai xa pola súa segunda edición, é unha iniciativa do Concello de Valga para incentivar as compras no comercio local e contribuír á reactivación da economía no municipio durante a pandemia da Covid-19

Son en total 74 os establecementos de Valga que están adheridos, de sectores moi diversos coma a alimentación, a hostalería, a automoción, o téxtil, o deportivo ou xardinería e produtos agrícolas, entre outros. Tamén hai farmacias, estancos, salóns de peiteado e estética, logopedias, estudos de fotografía, ferraxerías, carpinterías, taxis, hoteis ou consultorías.

Ao realizar as súas compras, os clientes destes comercios reciben boletos numerados e o premio recae naquela papeleta que coincida coas catro últimas cifras do último sorteo da Lotaría Nacional de cada mes. O próximo sorteo terá lugar o día 27 de marzo.

MercaValgafebreiro2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver