Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices iniciaron as súas prácticas en Valga con queimas e astillado de restos vexetais

- Este proxecto conta coa participación de 16 mozos de Valga e Moraña, que se forman nas especialidades de forestais e albanelería

XovenesTriturado2

Valga, 4 de marzo de 2021.

O alumnado da especialidade de forestais do Obradoiro de Emprego “Xóvenes”, no que participan 16 mozos de Valga e Moraña, iniciou os seus traballos prácticos en Valga, coa realización de limpezas, queimas e estillado de restos vexetais na zona de Beiro.

As actuacións incluíron desbroces, cortas e podas tanto con medios manuais coma mecánicos e, posteriormente, os aprendices procederon á eliminación dos restos forestais mediante dous métodos: realizaron algunhas queimas e tamén empregaron a máquina trituradora de biomasa que acaba de adquirir o Concello a través do Plan Revitaliza.

O Obradoiro de Emprego “Xóvenes”, promovido polos Concellos de Valga e Moraña, deu comezo a mediados de novembro e nel participan 16 mozos de entre 18 e 30 anos. Terá unha duración de doce meses e consta de dúas especialidades formativas: forestal e albanelería. Os aprendices reciben formación teórica e ademais realizan prácticas consistentes en obras de interese público.

As obras de forestais proxectadas en Valga inclúen o acondicionamento de tramos do Camiño Portugués e de diferentes espazos verdes e áreas de lecer do municipio coma o Parque Irmáns Dios Mosquera, a praia de Vilarello, Mina Mercedes, Mina Porto Piñeiro ou o Miradoiro de Beiro, entre outros.

No tocante á especialidade de albanelería, levaranse a cabo obras de mellora en instalacións e recintos municipais coma as pistas deportivas de Beiro, o pavillón municipal de Beiro ou o vello campo de fútbol de Baño.

O Obradoiro é financiado cunha subvención concedida pola Xunta de Galicia a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo, que aporta o 91'89% do seu orzamento, superior a 400.000 euros.

XovenesTriturado2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver