Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As clases de canto e instrumentos de vento serán virtuais, como esixen as autoridades sanitarias, e as demais serán presenciais

- A actividade fora suspendida a finais de xaneiro debido á situación da pandemia

EscolaMúsica Letreiro

Valga, 18 de febreiro de 2021.

A Escola Municipal de Música retomará as clases a partir do vindeiro luns, 22 de febreiro, tanto na modalidade presencial coma online.

A actividade do centro de ensinanzas musicais estaba suspendida dende o pasado 27 de xaneiro por orde das autoridades sanitarias debido á situación da pandemia. A melloría dos datos e a redución dos contaxios de Covid-19 durante as últimas semanas permiten agora reactivar as clases, tal e como recolle a nova normativa publicada a comezos de semana no Diario Oficial de Galicia.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira delegada da Escola de Música, Malena Isorna, mantiveron onte unha xuntanza co director do centro, Manuel Villar, para coordinar a volta á actividade.

As clases de canto e instrumentos de vento serán online, tal e como esixen as autoridades sanitarias para reducir o risco de contaxio. As sesións de Música e Movemento, Linguaxe Musical e do resto de instrumentos, volverán a ser presenciais e desenvolveranse con todas as medidas hixiénicas e sanitarias que garantan a seguridade do alumnado e do persoal docente da escola.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver