Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O xurado reuniuse esta mañá no Salón de Plenos para valorar a todos os participantes

- Os concelleiros de Cultura e Turismo e representantes de asociacións locais formaron parte do tribunal

XuradoEntroido1

Valga, 15 de febreiro de 2021.

O Concurso de Entroido Virtual xa ten disfraces gañadores. O xurado do certame reuniuse esta mañá no Salón de Plenos para valorar a todos os participantes, un total de vinte e tres, que concorreron ás diferentes categorías que se establecían nas bases.

O tribunal estivo integrado polos concelleiros de Cultura e Turismo, Pedro Calvo e Malena Isorna, e dúas representantes das asociacións Musival e Heroes de Casaldeirigo. Entre as cuestións a valorar polos xuíces atopábanse a orixinalidade, creatividade e imaxinación; o uso de materiais reutilizados; o traballo empregado na elaboración do disfraz; e a presentación.

Os gañadores son os seguintes:

Infantil Individual:

               - 1º Premio (50 euros): Estela Futuro

               - 2º Premio (40 euros): Robot Simon

               - 3º Premio (30 euros): Ramiño de uvas

               - 4º Premio (20 euros): O Ghato con botas

Infantil Parellas:

               - 1º Premio (70 euros): Os indios do Outeiriño

               - 2º Premio (60 euros): Carl Fredricksen e Russell (película Up)

               - 3º Premio (50 euros): Carapuchiñas en Vilarello

               - 4º Premio (40 euros): Deserto

Adultos Individual:

               - 1º Premio (80 euros): Farmacia a domicilio

               - 2º Premio (70 euros): Emilia Pardo Bazán

               - 3º Premio (50 euros): Margaret Tatcher

               - 4º Premio (40 euros): Concepción Arenal

Adultos Parellas:

               - 1º Premio (100 euros): Cara Pataca

               - 2º Premio (80 euros): Matando o bicho ca mellor vacina

               - 3º Premio (60 euros): As dúas en punto trasnoitadas

               -  4º Premio (40 euros): Deserto

Disfrace máis orixinal (100 euros): Farmacia a domicilio

Mellor disfrace de mulleres representativas da historia (100 euros): Coco Chanel

Disfrace con máis “likes” no Facebook e Instagran do Concello (50 euros): Robot Simon

Os premios entregaranse en vales de compra que poderán ser utilizados no comercio local e terán validez durante todo o ano 2021. Para recoller os vales, os participantes deben acudir á Casa do Concello co seu DNI. No caso de menores de idade, debe actuar como representante algún dos pais ou titores co seu documento de identidade.

O goberno local agradece a todos os participantes a súa implicación nesta iniciativa e valora moi positivamente o nivel de participación dos valgueses. O Concurso de Entroido Virtual foi organizado pola Concellería de Cultura como unha alternativa para poder vivir as festas de Entroido dunha maneira segura e respectando as restricións impostas polas autoridades sanitarias debido á pandemia.

Entroido2021Gañadores

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver