Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os veciños que xa contan con composteiros domésticos poden achegarse ao Concello para solicitalos

- Esta acción é financiada cunha subvención da Xunta de Galicia

cubos1

Valga, 6 de febreiro de 2021.

Os responsables de Compostaxe do Concello de Valga iniciará  a próxima semana o reparto de diverso material entre a poboación para reforzar o programa de compostaxe que se está a desenvolver dende hai meses.

Trátase, por unha parte, de caldeiros para facilitar a separación dos residuos orgánicos xerados nos fogares. Estes recipientes distribuiranse entre os residentes nos edificios máis próximos aos composteiros comunitarios e entre aqueles veciños que xa dispoñen de composteiros domésticos, que xa poden achegarse ao Concello a solicitar o seu caldeiro.

Ademais, tamén se distribuirá outro material divulgativo sobre a compostaxe, coma manuais explicativos sobre esta forma de xestión dos biorresiduos, cadernos e lapiseiros e adhesivos con información sobre os residuos que poden compostarse: restos de comida, mondas, pousos do café, restos vexetais e papel de cociña branco (sen tintes), entre outros.

Este material foi adquirido cos fondos dunha subvención por valor de 59.800 euros concedida pola Xunta de Galicia a través dunha orde para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020.

Con esta axuda tamén está previsto habilitar un punto para o acopio de material estruturante. Nesta zona de almacenamento acumularanse restos vexetais triturados procedentes de podas e limpezas, que serán  empregados como estruturante co que garantir o resultado óptimo do proceso de compostaxe.

cubos2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver