Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Só se manteñen activos o Centro de Día e o Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V

- As persoas que queiran contactar co Auditorio poden chamar ao teléfono 659 06 37 14

AuditorioOkK

Valga, 27  de xaneiro de 2021.

A pasada medianoite entraron en vigor en toda Galicia as novas medidas aprobadas pola Xunta de Galicia para tratar de frear os contaxios de Covid-19, entre as que se inclúe o peche temporal dos auditorios e establecementos culturais e de espectáculos.

É por iso que, dende hoxe e ata que a situación sanitaria mellore, quedan suspendidas as actividades no Auditorio Municipal. Esta medida afecta ás clases da Escola de Música, do Centro Superior de Música, Escola de Idiomas, Educación de Adultos, programación cultural, exposicións e bibliotecas municipais, que xa estaban pechadas ao público dende a semana pasada.

De acordo coas normas ditadas polas autoridades sanitarias, tamén permanecerá pechada a cafetería, tanto no interior como en terraza.

Tan só se manteñen activos o Centro de Día e o Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V.

As persoas que queiran poñerse en contacto do Auditorio poden facelo a través do número de teléfono 659 06 37 14.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver