Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde acompañou ao representante da Xunta, que outorgou unha subvención de 18.000 euros para esta actividade cultural

- Dende que abriu ao público, o pasado 6 de decembro, o nacemento recibiu arredor de 6.000 visitas

RuedaBelén1

Valga, 4 de xaneiro de 2021.

O Belén Artesanal en Movemento recibiu esta mañá a visita do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Acompañado polo alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros Carmen Gómez, Begoña Piñeiro, Malena Isorna e Pedro Calvo, o responsable autonómico percorreu o nacemento guiado pola presidenta da Asociación Amigos do Belén, Mari Carmen Castiñeiras.

Esta foi a primeira vez que o vicepresidente, de quen agora depende Turismo de Galicia, visitaba o Belén. Ata agora só o vira en fotografías ou reportaxes televisivas e quedou abraiado polos detalles, pola similitude coa que se representa a actualidade e polo traballo que ten detrás a montaxe. Rueda percorreu a zona de exposición pero tamén a sala de máquinas e os talleres nos que os membros da asociación Amigos do Belén, que asistiron á visita, realizan artesanalmente cada peza que forma parte do nacemento.

“Marcho impresionado”, recoñeceu o vicepresidente, que se sorprendeu ao verse representado nunha das 4.000 figuriñas que forman parte da montaxe. “E parézome bastante”, apuntou. Alfonso Rueda quixo destacar o enorme “traballo e dedicación que hai detrás deste Belén dende hai anos. E tamén hai moito enxeño, sobre todo na parte adicada á actualidade que é coma un telediario no que se conta todo que aconteceu durante o ano. Paga a pena visitalo e non me estraña que veña xente de toda a Galicia e de gran parte de España a velo”.

Alfonso Rueda reiterou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa cultural e turística, á que este ano outorgou unha subvención de 18.000 euros que se investirán, principalmente, na adquisición de mecanismos e motores para continuar mellorando o nacemento.

Dende que abriu as súas portas o pasado 6 de decembro foron máis de 6.000 as persoas que acudiron a ver o Belén Artesanal, que está declarado de Interese Turístico de Galicia. A cifra está moi lonxe dos arredor de 40.000 visitantes que se contabilizaron nas últimas edicións, pero aínda así “é máis do que esperabamos”, indica Mari Carmen Castiñeiras. “Está claro que as visitas non poden ser coma en edicións anteriores pero esta vindo máis xente da que agardabamos. As circunstancias son as que son pero estamos contentos porque, aínda así, temos xente”. A parte dedicada á pandemia do coronavirus é a que máis está a chamar a atención aos visitantes.

Pola súa parte, o alcalde agradeceu aos membros da asociación Amigos do Belén “o traballo desinteresado que realizan para que todos poidamos desfrutar desta montaxe, especialmente neste ano no que fixeron un esforzo extraordinario e foron moi valentes”. Bello Maneiro tamén trasladou o agradecemento do Concello ao vicepresidente pola súa visita, que “contribúe a seguir dando pulo a este Belén”, e pola subvención concedida polo seu departamento. “Segue habendo necesidades e trasladámoslle tamén esas peticións para que seguir completando o nacemento e que toda esta xente poida traballar máis a gusto”.

RuedaBelén3 Rueda Belén2

RuedaBelén4 RuedaBelén5

RuedaBelén6 RuedaBelén7

RuedaBelén8

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver