Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Coñeceron alguns dos elementos máis detacados do patrimonio local e achegáronse a figuras coma Ferro Couselo e a Bella Otero

- A técnica municipal Vanessa Losada guiou ao grupo polas dependencias museísticas

VisitaIESMuseo

Valga, 23 de decembro de 2020.

Un grupo de alumnos de Xeografía do 2º curso de Bacharelato do IES de Valga participaron onte nunha visita formativa ao Museo da Historia. Estiveron acompañados polo mestre Juan Carlos Montejano e foron guiados polas instalacións por Vasessa Losada, técnica municipal responsable do Museo.

O obxectivo desta actividade era que os estudantes coñecesen un pouco máis sobre Valga, algunhas das pegadas que a historia deixou neste concello e os persoeiros máis sobranceiros do municipio.

Durante a visita guiada puideron descubrir algúns dos elementos máis peculiares e destacados do territorio valgués, así como os algúns dos vestixios arqueolóxicos que se conservan e que revelan a presenza de distintas civilizacións e culturas. O petróglifo Pedra da Serpe e os xacementos Igrexa Vella e Mercado dos Mouros son algúns dos principais exemplos.

Os estudantes continuaron o seu percorrido polo Museo achegándose ao patrimonio relixioso de Valga e a algunhas das igrexas e bens culturais máis importantes, coma a ara romana do século I que foi achada en 1950 na capela dos Martores ou os peculiares capiteis tardorromanos da igrexa do Divino Salvador de Setecoros.

A última parte da visita centrouse nos personaxes senlleiros, entre eles o Pai Isorna, o investigador Xesús Ferro Couselo e a Bella Otero. A artista da Belle Époque é un dos principais reclamos do Museo, no que ten dedicada unha planta completa que inclúe réplicas de vestidos, material bibliográfico e outros documentos relacionados coa súa traxectoria vital e artística.

VisitaIESMuseo2 VisitaIESMuseo4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver