Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A intérprete Leni Pérez e o músico Roberto Comesaña fixeron un percorrido cultural polas comarcas e vilas desta Ruta Xacobea

- O espectáculo, que se celebrou o venres, estivo patrocinado pola Xunta de Galicia

ConcertoCantares

Valga, 21 de decembro de 2020.

 A intérprete Leni Pérez e o músico Roberto Comesaña ofreceron o pasado venres no Auditorio Municipal un percorrido polas músicas de tradición oral vencelladas ao Camiño Portugués.

O concerto “Cantares” recolleu parte dese patrimonio inmaterial propio das comarcas, vilas e aldeas polas que discorre esta Ruta Xacobea. Durante esta “camiñata”, a folclorista Leni Pérez e o músico Roberto Comesaña foron facendo paradas en diferentes localidades para achegarse á súa música e cultura, dende Portugal ata Santiago.

O resultado foi unha antoloxía de 15 temas cunha duración aproximada de 70 minutos. No Auditorio soaron cantos de berce, historias e romances, cantos de labor, xotas, muiñeiras e, como non, Cantos de Nadal, todos eles introducidos por unha explicación a cargo de Leni Pérez.

Esta artista leva recompilando pezas da tradición oral de Galicia dende finais dos anos 80, contando cun amplo arquivo privado e dando clases de cantares dende fai tres décadas. Na actualidade dirixe nove escolas no sur de Pontevedra. Durante once anos traballou no programa “Luar”, da Televisión de Galicia, en apartados relacionados co folclore e actualmente forma parte do programa “Larpeiros” onde tamén pon a nota musical. Roberto Comesaña, pola súa parte, é acordeonista profesional e mestre, cunha ampla traxectoria acompañando a músicos da talla de Leilía ou Cristina Pato.

O espectáculo estivo patrocinado pola Xunta de Galicia, a través da Rede de Dinamización Lingüística e do Xacobeo. O aforo do Auditorio estivo limitado a 60 espectadores para cumprir coa normativa sanitaria, pero todas aquelas persoas que non puideron asistir poden ver o concerto íntegro a través da ligazón https://www.youtube.com/watch?v=6MsKOdgCHAY .

ConcertoCantares

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver