Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Na excursión participaron preto de trinta integrantes do colectivo

- O Belén Artesanal recibe ata setembro a grupos organizados

Belén

Valga, 7 de febreiro de 2018.

Vinte e sete integrantes da asociación Amigos do Belén participaron nunha excursión a Portugal para coñecer algúns dos nacementos de máis sona do país veciño, que conta cunha grande tradición belenista.

Os excursionistas, entre eles a presidenta da asociación e concelleira de Cultura, Mari Carmen Castiñeiras, elixiron a cidade de Porto para aloxarse e, dende ela, desprazáronse a Coimbra, onde visitaron o Belén de San Antonio dos Olivais, e tamén a Braga, para coñecer os nacementos dos museos de Pío XII e de Arte Antigo e tamén o Belén de Priscos, que está considerado o belén vivente máis grande de Europa.

Todos os anos, unha vez rematado o prazo de apertura ao público do Belén Artesanal en Movemento, a asociación Amigos do Belén organiza unha viaxe para coñecer algunhas das composicións e montaxes de máis sona da Península.

Hai que recordar que ata o mes de setembro o Belén Artesanal aínda recibe visitas de grupos organizados, que deben solicitar cita con anterioridade no número de teléfono 630 95 25 15. Dende o 15 de decembro ata hoxe, seis excursións de distintas procedencias acudiron a Campaña a ver o nacemento.

Belén

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver