Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto deseñado tamén inclué a pavimentación, nova iluminación e melloras no saneamento deste vial

- Para executar esta actuación, o Concello xestionou unha aportación de 175.000 euros do Ministerio de Transportes e Mobilidade

ObraRuaBaixa1

Valga, 14 de decembro de 2020.

As obras de reurbanización da Rúa Baixa e do entorno do Centro de Interpretación da Caña do País continúan a súa execución, que se atopa xa nunha fase avanzada. De feito, xa poden apreciarse algunhas das melloras substanciais que reportará este proxecto.

É o caso dos novos accesos ao Parque Irmáns Dios Mosquera que se están a habilitar. En concreto, a construción de dúas escaleiras que conectan a N-550 coa entrada ao parque. Unha delas baixa ata a zona de aparcamento, na que tamén se realizan obras de acondicionamento, e a segunda comunica a estrada nacional coa planta primeira do edificio existente neste entorno.

Os traballos afectan tamén aos arredores do Centro de Interpretación da Caña, coa creación dun camiño de acceso formado por pezas de formigón con formatos variables. No exterior do edificio crearase unha zona axardinada e incorporarase mobiliario urbano.

Outra das actuacións consiste na posta en valor do lavadoiro, pavimentando o entorno con lousas de granito e colocando bancos e luminarias para a valorización tanto da pía coma do espazo adxacente á mesma. O edificio que se ergue sobre este elemento patrimonial revestirase con entaboado vertical de madeira, buscando a súa mellor integración na paisaxe.

Para executar estas obras, que foron adxudicadas á empresa construtora Narom S.L., o Concello xestionou unha aportación de 175.000 euros por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Inclúen melloras no saneamento e na recollida de augas pluviais da Rúa Baixa, que será pavimentada combinando formigón e granito do país en pezas de grande formato.

ObraRuaBaixa2 ObraRuaBaixa3

          ObraRuaBaixa4           ObraRuaBaixa5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver