Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os baños estreáronse o pasado domingo, coincidindo coa inauguración do nacemento

- Son accesibles a están adaptados para persoas con mobilidade reducida

AseosBelén1

Valga, 10 de decembro de 2020.

O Belén Artesanal en Movemento estreou o pasado domingo, coincidindo coa súa inauguración, uns novos aseos que foron acondicionados polo Concello.

Os baños atópanse na parte traseira do edificio do Belén e ocupan un local que se habilitou no seu día a través dun Obradoiro de Emprego.  Nas últimas semanas, persoal contratado polo Concello, executou obras de acondicionamento destas dependencias, que se dividen en dous aseos, un para mulleres e outro para homes. Ambos están adaptados para persoas con mobilidade reducida.

Os traballos consistiron na mellora do acceso coa construción dunha rampa, e no solado do piso e alicatado das paredes mediante a colocación de baldosas e azulexos. Por último, instaláronse os inodoros e lavabos, así coma outros elementos que completan os aseos: espellos, dispensadores de papel e papeleiras.

Estes novos aseos públicos están a disposición dos visitantes do Belén Artesanal e tamén dos usuarios das instalacións deportivas municipais de Campaña.

 

AseosBelén2 AseosBelén3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver