Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alumnado executou obras no pavillón de Beiro, no Edificio Administrativo e en zonas de lecer coma o Miradoiro de Beiro ou a praia de Vilarello

- Antes de rematar o ano dará comezo un novo Obradoiro no que participarán vinte aprendices nas especialidades de carpintería e forestais

ClausuraIV 1

Valga, 9 de decembro de 2020.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Carmen Gómez, participaron esta mañá en Moraña no acto de clausura do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV, unha iniciativa promovida polos concellos de Valga e Moraña e que contou con 336.446 euros de financiamento por parte da Xunta de Galicia.

A clausura contou coa asistencia da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, así como o alcalde de Moraña, José Cela. En representación do Concello de Valga asistiu tamén o concelleiro Pedro Calvo. Estiveron acompañados polo persoal administrativo e docente do Obradoiro, encabezado pola directora, Mª Carmen Vidal, e o alumnado. Foron en total vinte as persoas desempregadas que participaron nesta acción formativa, divididos nas especialidades de albanelería e forestais.

Bello Maneiro felicitou aos alumnos, que cos certificados de profesionalidade recibidos hoxe “verán incrementadas as súas posibilidades de insertarse no mercado laboral”. O rexedor puxo en valor o traballo realizado por todo o equipo do Obradoiro nun ano complicado, no que a pandemia obrigou a paralizar a actividade durante varios meses. Ademais resaltou as obras de utilidade pública que os aprendices levaron a cabo e que quedarán para uso e desfrute de todos os valgueses.

Na especialidade de albanelería traballaron no acondicionamento da planta baixo cuberta do Edificio de Usos Administrativos e acondicionaron os vestiarios e aseos que comparten o ximnasio municipal e o pavillón de Beiro. No tocante ao módulo del forestais, realizáronse obras de acondicionamento do Miradoiro de Beiro, limpeza do xacemento arqueolóxico Igrexa Vella e actuacións de desbroce, poda e plantación de árbores noutros espazos verdes do municipio coma o Parque Irmáns Dios Mosquera, a praia fluvial de Vilarello ou a lagoa Mina Mercedes.

“Ogallá todo este traballo voso sirva de trampolín” para atopar un emprego nos sectores da construción e forestal, remarcou o alcalde. Por último, Bello Maneiro referiuse á colaboración que dende hai anos manteñen Valga e Moraña para sacar adiante proxectos coma este. Xa son catro as edicións que se levan celebrado e antes de finais de ano dará comezo a número cinco, tamén promovida conxuntamente polos dous concellos. Participarán vinte persoas desempregadas nas especialidades de carpintería e forestais e conta cunha aportación económica da Consellería de Emprego de 346.946 euros.

Ademais, recentemente deu comezo o Obradoiro “Xóvenes”, ao que tiveron acceso 16 mozos menores de 30 anos de Valga e Moraña, que se formarán nos sectores forestal e da construción.

 

ClausuraIV 2 ClausuraIV 3

ClausuraIV 4 ClausuraIV 5

ClausuraIV 6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver