Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A tenente de alcalde Carmen Gómez e os concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo entregáronlle os vales de compra a Mª Cruz Freiría

- O Concello ten en marcha unha edición especial de Nadal con outros dous sorteos de 500 euros para incentivar as compras no comercio local

MVNovembro1

Valga, 7 de decembro 2020.

Mª Cruz Freiría Pardal, veciña do Sixto (Xanza), é a gañadora do último sorteo da primeira edición da campaña Merca-Valga, que se desenvolveu dende o mes de xullo por iniciativa do Concello para incentivar as compras nos comercios da vila e contribuír á reactivación da economía local durante a crise da Covid-19.

A tenente de alcalde, Carmen Gómez, e os concelleiros Malena Isorna e Pedro Calvo fixeron entrega esta mañá dos 500 euros en vales de compra á agraciada no sorteo celebrado o pasado 28 de novembro. A papeleta premiada (número 8567), coincidente coas últimas catro cifras do sorteo da Lotería de Nadal, foille entregada ao realizar unha compra no Estanco Antón, e foi neste establecemento onde se realizou o acto de entrega do premio.

A gañadora poderá gastar os vales de compra nos 73 establecementos de Valga adscritos a esta campaña, entre os que hai bares e restaurantes, negocios de alimentación, salóns de peiteado e estilismo, farmacias, carpinterías, estancos, estudos de fotografía, ferraxerías, droguerías, florerías, talleres de automoción, tendas de moda e fogar, mercerías, panaderías e pastelerías, taxis, logopedias, consultorías, negocios de xardinería e produtos agrícolas, hoteis e establecementos deportivos, entre outros.

Ante a boa acollida que tivo esta iniciativa entre os establecementos e entre os veciños de Valga, o Concello decidiu poñer en marcha unha edición especial de Nadal de Merca-Valga, para continuar promovendo as compras nas tendas e negocios de Valga nunha das épocas do ano de maior consumo.

Entregaranse outros dous premios, consistentes igualmente en 500 euros en vales de compra, coincidindo cos dous sorteos máis emblemáticos desta época: a Lotería de Nadal, que ten lugar o 22 de decembro, e o Sorteo do Neno, o 6 de xaneiro. As papeletas para participar xa se están repartido nos comercios adheridos.

MVNovembro2

MercaValgaNadal Tendas

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver