Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- No certame poden participar particulares, colectivos e casas comerciais

- Haberá premios económicos para os mellores e diplomas e agasallos para todos os participantes

Neno Xesús

Valga, 5 de decembro de 2020.

O Concello de Valga convoca unha nova edición do concurso de beléns, no que poden participar particulares, casas comerciais, asociacións e outras entidades de Valga.

Os interesados en tomar parte neste certame poden inscribirse na Casa do Concello ou no Auditorio Municipal. O prazo estará aberto ata o vindeiro 20 de decembro.

O xurado, que será designado pola Concellería de Cultura, visitará os beléns participantes na xornada do domingo, 3 de xaneiro. Valoraranse, entre outras cuestións, a orixinalidade, o número de pezas e o tamaño, entre outros aspectos.

Os autores dos mellores nacementos recibirán premios monetarios e tamén haberá agasallos e diploma para o resto de participantes. Os galardóns entregaranse o día 5 de xaneiro con motivo das actividades de Reis, se as condicións sanitarias o permiten.

 

ConcursoBeléns2020

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver