Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O acto terá lugar ás 17:30 horas e, a continuación, o nacemento abrirase ao público

- A estrea contará coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro

Belenn20 1

Valga, 3 de decembro de 2020.

A inauguración do Belén Artesanal en Movemento marca o inicio do Nadal en Valga e ese momento chegou. O domingo inaugurarase unha das edicións máis especiais do nacemento, porque é a do seu 25 aniversario, pero tamén polas circunstancias sanitarias que obrigan a tomar medidas de prevención.

O acto inaugural terá lugar ás 17:30 horas e contará coa presenza do alcalde, José María Bello Maneiro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os integrantes da asociación Amigos do Belén, que son os artífices do Belén e da súa renovada montaxe.

A inauguración non será con público debido á necesidade de respectar a distancia de seguridade no interior do local. Unha vez concluído o acto será cando o nacemento comece a recibir visitas, sempre baixo estritas medidas de seguridade e coa premisa de evitar aglomeracións.

Será obrigatorio  o uso da mascarilla e respectar sempre a distancia de seguridade. É aconsellable acudir a velo en grupos reducidos para evitar que se xunte un número excesivo de persoas no local e no seu entorno. As características do local favorecen que o Belén poida verse sen que os visitantes teñan que cruzarse entre si, ao tratarse dun circuíto con entrada e saída separadas.

O Belén, que dende 2013 está declarado de Interese Turístico de Galicia. permanecerá aberto ata o día 10 de xaneiro en horario de 17:30  20:30 de luns a venres, de 17:00 a 20:30 os sábados e de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 os domingos e festivos.

Como é habitual esta edición fará un repaso polos acontecementos locais, nacionais e internacionais que máis repercusión tiveron durante este ano 2020, marcado pola pandemia. Este é, sen dúbida, o principal atractivo e rasgo distintivo do nacemento valgués, conxugando nos seus 400 metros cadrados esceas da tradición de Nadal, outras propias da cultura popular de Galicia e a representación de sucesos de actualidade facilmente recoñecibles para o público. Todo feito a man de xeito artesanal.

Belenn20 2 Belenn20 3

Belenn20 4 Belenn20 5

Belenn20 6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver