Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos consisten no derrubamento de varios aseos para convertelos nunha estancia diáfana e funcional

- As tarefas execútanse durante as tardes para non interferir na actividade educativa

AlmacéncoleBaño0

Valga, 21 de outubro de 2020.

O Concello de Valga está a executar traballos de acondicionamento no CEIP Plurilingüe Baño-Xanza para dotar ao centro dunhas dependencias destinadas a almacenaxe.

Os traballos desenvólvense en paralelo ás obras de rehabilitación integral do colexio e afectan a unha zona da planta baixa anteriormente destinada a aseos. Debido á reforma á que está sendo sometido o centro, estes baños xa non eran necesarios polo que o Concello, atendendo ás necesidades e demandas da dirección do colexio, está a convertelos nun almacén.

Os traballos consisten, principalmente, no derrubamento de paredes para crear unha estancia diáfana que despois será acondicionada.

As obras execútanse polas tardes para non interferir na actividade educativa.

AlmacéncoleBaño1 AlmacéncoleBaño2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver