Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nesta zona urbana colocáronse seis módulos para a reciclaxe de residuos orgánicos por parte dos veciños

- Proximamente iniciarase tamén o reparto de composteiros individuais entre os residentes en vivendas unifamiliares

InstalaciónComposteiros1

Valga, 20 de outubro de 2020.

O Plan Revitaliza, para a posta en marcha da compostaxe en Valga, dá un paso máis coa instalación dos primeiros composteiros comunitarios na Avenida da Coruña.

Dende este mediodía estanse a desenvolver os traballos de colocación de seis módulos nos que os veciños poderán depositar os restos orgánicos xerados nos seus fogares para a súa transformación en abono natural. Con anterioridade xa se levaran a cabo tarefas de construción da base sobre a que quedaron instalados os composteiros.

En datas próximas, a oficina de Compostaxe do Concello organizará unha reunión informativa cos veciños da zona para explicarlles o proceso da compostaxe e as vantaxes da reciclaxe dos residuos orgánicos, tratando así de fomentar a participación da poboación neste proxecto. Trala celebración desta xuntanza será cando se poñan en funcionamento os composteiros.

En paralelo, estase a traballar tamén na rúa Dr. de Oya Salgueiro (fronte ao Concello) na execución da base na que se instalarán outros seis módulos de composteiros para o seu uso por parte dos residentes nesta zona.

Ademais da compostaxe comunitaria, o Plan Revitaliza, no que colaboran Concello e Deputación, tamén inclúe o reparto de composteiros individuais entre os veciños con vivendas unifamiliares. Dende o Concello xa se está a contactar coas persoas que tiñan solicitado participar no programa e, proximamente, está previsto organizar reunións informativas nos diferentes lugares para tratar de chegar ao maior número de veciños. Aquelas persoas que estean interesadas, poden poñerse en contacto coa oficina municipal de Compostaxe chamando por teléfono ao Concello (986 55 94 56).

InstalaciónComposteiros2 InstalaciónComposteiros3

InstalaciónComposteiros4 InstalaciónComposteiros5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver