Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices realizan divisións para as duchas e tarefas de solado e alicatado

- Tamén teñen previsto actuar no edificio de usos administrativos

Obradoiro4Pavillon1

Valga, 23 de setembro de 2020.

O alumnado da especialidade de albanelería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV está a executar traballos de mellora nas instalacións deportivas de Beiro. En concreto, os traballos consisten na rehabilitación dos vestiarios do ximnasio municipal, que son tamén empregados polos usuarios do pavillón.

A actuación inclúe tarefas de repicado dos pisos e azulexos, levantamento de novas paredes de ladrillo caravista para facer as divisións, solado de pisos e alicatado das paredes. Parte do espazo destinarase a aseos e outra a duchas e vestiarios.

No marco deste Obradoiro de Emprego, os aprendices de albanelería tamén teñen previsto executar obras no edificio de usos administrativos. Os traballos neste inmoble centraranse no baixo cuberta, planta que se destinará a arquivo municipal, e consistirán no enfoscado das paredes, solado do piso e outras actuacións.

Estas actividades prácticas, que se complementan coa formación teórica, teñen como obxectivo que os alumnos adquiran as destrezas necesarias do oficio de cara a unha posterior inserción no mercado laboral.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia IV é promovido conxuntamente polos concellos de Valga e Moraña e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Participan unha vintena de persoas desempregadas destes dous municipios que perciben o salario mínimo interprofesional. Ademais da especialidade de albanelería, tamén se imparte un módulo de forestais.

Obradoiro4Pavillon2 Obradoiro4Pavillon3

Obradoiro4Pavillon1

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver