Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As clases de inglés diríxense a estudantes dende Primaria a Bacharelato ou FP e tamén a adultos

- A reserva pode facerse por medios telemáticos e tamén no teléfono 698 133 512

EscudoConcelloo

Valga, 22 de setembro de 2020.

A Escola Municipal de Idiomas dará comezo en outubro ao curso 2020-2021 e ten aberto o prazo de matrícula para todas aquelas persoas, nenos ou adultos, que queiran asistir ás clases de inglés para mellorar o seu nivel de coñecemento desta lingua estranxeira, xa sexa por motivos académicos ou laborais.

As clases, que son impartidas por mestres do Centro de Idiomas Waterford, comezarán o día 1 de outubro e prolongaranse ata o 31 de maio de 2021. Nelas faise especial fincapé no aspecto oral para darlle un enfoque máis práctico á aprendizaxe da lingua, así como á preparación dos alumnos para a obtención dalgún certificado oficial que recoñeza o nivel adquirido.

O prezo para estudantes de Primara, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional é de 38 euros ao mes para empadroados en Valga e 40 para veciños doutras localidades. No tocante aos adultos, as cotas mensuais ascenden a 43 euros para persoas empadroadas en Valga e 49 para outros inscritos. En ambos casos impártense dúas horas de clase á semana.

Neste curso, dada a excepcionalidade pola pandemia da Covid-19, tomaranse todas as medidas hixiénicas e sanitarias precisas para garantir a seguridade dos participantes, tales como limitación de aforo, toma de temperatura, uso da mascarilla, desinfección e mantemento da distancia de seguridade.

As persoas interesadas poden descargar a folla de matrícula na ligazón https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes e deben enviala, debidamente cuberta, ao enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tamén pode realizarse o trámite a través dos teléfonos 986 85 12 25 e 698 13 35 12.

O Centro de Idiomas Waterford ten una ampla traxectoria no desenvolvemento de cursos de Inglés a tódolos niveis e conta con profesorado especializado. É centro examinador oficial de Trinity College London e tamén Centro Preparador Oficial de Cambridge University para a obtención dos certificados Pet (B1) e First (B2). Estes exames avalían o nivel das competencias tanto orais como escritas do alumnado e están recoñecidos polas institucións educativas.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver