Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os pequenos cantores da Escola de Música, dirixidos por Tomás Rábanos, ofreceron un repertorio de Nadal

- O alumnado da Escola de Baile do colectivo xuvenil interpretou varias coreografías en grupo

eira1

Valga, 30 de xaneiro de 2018.

O Auditorio Municipal acoulleu durante a pasada fin de semana unha intensa actividade cultural. Ademais do curso de dirección musical que impartiron os mestres Manuel Villar e Pere Molina, celebráronse concertos e o Festival de Inverno da asociación cultural e xuvenil “A Eira”, que tivo lugar na tarde do domingo e que incluíu bailes e música.

Os arredor de corenta inscritos na Escola de Baile deste colectivo, que organiza ao longo do ano actividades para a mocidade de Valga, realizaron sobre o escenario varias coreografías grupais. O festival contou tamén coa participación de varios afeccionados á música, que interpretaron cancións en directo.

Na noite do sábado foron a Banda de Vilatuxe, con Víctor Manuel Vilariño Salgado á batuta, e o Coro Infantil, dirixido polo profesor de canto Tomás Rábanos, as agrupacións protagonistas dun novo concerto co ciclo “Música coas nosas bandas”, organizado polo Concello de Valga coa colaboración da asociación Musival. Os pequenos cantores da Escola Municipal de Música interpretaron un repertorio de Nadal con temas como “Burrito sabanero”, “Blanca Navidad” ou “Copos de Nieve”, este último con letra e música compostas polos integrantes e o director do Coro.

coro vilatuxe eira2 eira4

Máis fotos do concerto "Música coas nosas bandas": https://www.facebook.com/media/set/?set=a.212652675949860.1073741952.131969484018180&type=1&l=066cc4eb0a

Máis fotos do festival da asociación "A Eira": https://www.facebook.com/media/set/?set=a.212647369283724.1073741951.131969484018180&type=1&l=01f252b90e

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver