Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, a cargo da compañía Teatro Trécola, é de balde

- Dará comezo ás 18 horas, cunha duración aproximada de 45 minutos

lua copia

Valga, 14 de setembro de 2020.

O Auditorio acolle a vindeira semana o obradoiro de animación á lectura “Contos da Lúa”, un espectáculo a cargo da compañía Teatro Marionetas Trécola.

A actividade terá lugar o venres, día 25,  a partir das 18 horas e está dirixida a público familiar a partir dos 4 anos de idade.

Os titiriteiros Isabel García e Ero Vázquez e os seus bonecos artesáns ofrecerán unha morea de contos e historias máxicas e divertidas. A sesión terá unha duración aproximada de 45 minutos.

O obradoiro ten entrada gratuíta para todos os nenos que queiran asistir. Cumpriranse todas as medidas hixiénicas e sanitarias de prevención da Covid-19, sendo obrigatorio o uso da mascarilla e o mantemento da distancia interpersoal.

Esta actividade está organizada polas bibliotecas municipais no marco do programa de animación á lectura “Ler conta moito”.

MarionetasLua

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver