Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A xuntanza terá lugar o luns ás 20 horas no Auditorio Municipal

- Trataranse asuntos relativos ao comezo do curso escolar no centro

 

Valga, 10 de setembro de 2020.

O goberno municipal convoca a unha reunión ás familias do alumnado co CEIP Plurilingüe Baño-Xanza.  A xuntanza terá lugar o vindeiro luns, 14 de setembro, a partir das 20 horas no Auditorio Municipal.

A súa convocatoria decidiuse logo de celebrarse, esta mañá no Concello, outro encontro con representantes da Asociación de Pais de Alumnos. En concreto, asistiron a presidenta e outros dous membros da directiva da Anpa, que estiveron reunidos co alcalde e coa concelleira de Educación.

Á xuntanza do luns poden asistir pais con fillos matriculados no colexio Baño-Xanza. Por motivos de aforo e para garantir o cumprimento das medidas hixiénicas e sanitarias anti-Covid, pídese que só asista un pai por cada neno.

Os asuntos a tratar estarán relacionados co inicio do curso escolar no centro.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver