Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos inclúen a colocación de tubaxes e cunetas e a reparación do firme

- O investimento que se realiza ascende a 41.158 euros

ObrasCamiñoLaxes1

Valga, 8 de setembro de 2020.

O Concello de Valga e a Consellería do Medio Rural están a executar as obras de mellora dun camiño municipal no lugar de Laxes (Cordeiro).

Trátase dun vial que discorre dende a estrada provincial EP-8505 (Ferreirós-Vilar) ata as pistas paralelas á vía do ferrocarril e os traballos afectan a unha lonxitude aproximada duns 300 metros. Estes consisten na colocación de cunetas revestidas ao longo do trazado, instalación de tubaxes en sumidoiros, reparación do firme –que nalgúns puntos se atopa levantado polo efecto das raíces das árbores– e pavimentado con aglomerado en quente.

A mellora deste camiño foi proposta polo goberno municipal, no seu obxectivo de continuar mellorando as comunicacións nas zonas rurais e en beneficio dos veciños da zona e demais usuarios deste vial.

Medio Rural subvenciona a obra a través do Plan Marco de mellora de camiños rurais, con financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). O Concello, que contratou as obras, tamén asume parte do orzamento.

O investimento total que se realiza é de 41.158’59 euros.

 

          ObrasCamiñoLaxes2                       ObrasCamiñoLaxes3

ObrasCamiñoLaxes4 ObrasCamiñoLaxes5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver