Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- En Valga non hai 12 veciños diagnosticados coa enfermidade da Covid-19 e ningún positivo está ingresado

-  A situación está controlada polo Sergas e o Concello está a disposición das familias para atender todas as súas demandas

Valga, 7 de setembro de 2020.

Ante as informacións alarmistas difundidas esta mañá, o Concello quere aclarar que non hai en Valga 12 persoas contaxiadas de Covid-19.  Que as persoas diagnosticadas con esta enfermidade dependan do Centro de Saúde de Valga non significa que todas residan no noso municipio e, de feito, parte delas son veciños doutras localidades.

A situación está debidamente controlada polo Servizo Galego de Saúde e ningún veciño de Valga está ingresado, senón que se atopan nos seus domicilios, dende onde se lles fai o correspondente seguemento.

O Concello, como sempre fixo dende que se declarou a situación de emerxencia sanitaria, está a disposición das familias afectadas para todo aquelo que necesiten. Neste sentido, o goberno local informa que poden solicitar a intervención do departamento de Servizos Sociais, que actúa baixo a coordinación dunha traballadora social do Sergas, para prestarlles a atención e axuda que precisen. A solicitude ten que partir dos propios afectados, xa que a identidade das persoas contaxiadas está amparada pola Lei de Protección de Datos, non podendo divulgarse.

O Concello fai un chamamento á poboación para evitar o alarmismo e insiste en que a situación está controlada polas autoridades sanitarias, que son as que teñen que actuar. Dende o goberno local pídese aos veciños que, como veñen facendo ata o de agora, actúen con responsabilidade e cumpran coas normas sanitarias para protexer a súa saúde e a de todos.

Os profesionais da saúde e as autoridades sanitarias levan meses loitando contra a Covid-19. Non é momento de facer política cunha tema tan delicado como é a saúde e, moito menos, de intentar alarmar á poboación con datos que non se axustan á realidade que afecta ao noso concello.  

En situacións coma esta todos deberíamos arrimar o ombreiro para axudar a superar a pandemia: os profesionais do Centro Médico de Valga coidando da saúde dos nosos veciños e o equipo de gobierno tratando de xestiona o mellor posible o Concello. Pero, lamentablemente, a oposición segue preferindo facer política.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver