Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os usuarios regresarán ás instalacións de Baño a partir deste xoves

- Nas instalacións estase a realizar unha limpeza a fondo e serán desinfectadas con ozono

XuntanzaFamiliasCODI1

Valga, 7 de setembro de 2020.

O Centro para persoas con discapacidade e diversidade funcional de Baño (CODI) recuperará a súa actividade esta semana, despois de permanecer pechado dende que, no mes de marzo, se declarara o Estado de Alarma a consecuencia da situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, mantiveron unha xuntanza coas familias dos usuarios para informalos sobre a reapertura, que terá lugar este xoves. Dende esa xornada os usuarios poderán regresar ao centro e participar nas actividades que se desenvolven para favorecer a súa completa inserción.

O regreso realizarase baixo todas as medidas hixiénicas e sanitarias de prevención da Covid-19, tal e como establecen os protocolos. Nos días previos á reapertura estase a realizar unha limpeza a fondo das instalacións, que ademais serán desinfectadas con ozono. Extremaranse a limpeza e a hixiene e, a diario, realizaráselles aos usuarios unha toma de temperatura previa á subida ao autobús que os transporta ata o centro, para detectar posibles casos de coronavirus.

Nas instalacións será obrigatorio o uso da mascarilla e, durante o desenvolvemento das actividades, respectarase a distancia de seguridade establecida polas autoridades sanitarias, entre outras medidas preventivas.

En caso de que algunha persoa presente febre ou calquera outra sintomatoloxía compatible coa Covid-19, será illada para evitar o seu contacto cos demais usuarios. O centro conta cun lote integrado por un buzo de polipropileno, luvas, pantalla e mascarillas cirúrxica e FPP-2 para actuar ante casos sospeitosos.

XuntanzaFamiliasCODI2 XuntanzaFamiliasCODI3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver