Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As oito prazas dispoñibles están cubertas con alumnos de distintas localidades galegas

- Esta tarde terá lugar o acto de entrega de diplomas no Auditorio Municipal

MCtrompeta1

Valga, 25 de agosto de 2020.

O trompetista internacional Pacho Flores imparte durante a xornada de hoxe unha masterclass no Centro Superior de Música (CSM Galicia).

As sesións desenvólvense no Auditorio Municipal con todas as prazas cubertas, un total de oito. Alumnos de Salvaterra de Miño, Meaño, Rianxo, Santiago, Campo Lameiro, Salceda de Caselas e Valga participan en clases de técnica conxunta, clases individuais e traballo de repertorio co mestre. “Está sendo unha xornada bastante intensa na que estamos traballando aspectos técnicos, como mellorar as habilidades dos alumnos e centrándonos moito na interpretación e nas novas tendencias” que poden servir de base aos inscritos para “chegar a ter unha carreira internacional”, explica o mestre.

Formado no Sistema de Orquestras Xuvenís e Infantís de Venezuela, Pacho Flores obtivo o primeiro premio no Concurso  Maurice André, o certame para trompeta máis destacado do mundo, e tamén gañou os concursos internacionais  Philip Jones e Cittá di Porcia. Recentemente foi galardoado coa Medalla de Ouro dos Global Music Awards xunto a Jesús “Pingüino”, polo proxecto “Entropía” para trompeta e guitarra.

Ten actuado xunto ás máis prestixiosas agrupacións de todo o mundo e entre os seus próximos compromisos inclúense orquestras coma a Kymi Sinfonietta, Het Gelders Orchestra, Sinfónica de Tucson, Royal Liverpool Philharmonic, Orquesta de RTVE, Stavanger Orchestra, Orquesta do Teatro Colón de Bos Aires, Sinfónica de Estrasburgo, Sinfónica de Navarra entre outras.

Durante a súa masterclass en Valga, Pacho Flores amosouse gratamente sorprendido polo nivel do alumnado. Os inscritos “teñen un excelente nivel e condicións para chegar a ser grandes músicos. Entre os alumnos hai xente máis experta e outros máis pequenos, con 12 ou 13 anos, pero isto é o bonito da ensinanza, que todos, dentro da variedade, aman a trompeta e a música”. O recoñecido música destaca, ademais, que Galicia “é unha terra con grandes valores musicales, especialmente na trompeta, con exemplos coma Esteban Batallán, Rubén Simeó ou Alejandro Vázquez, que son trompetistas de referencia internacional”.

A participación de Pere Molina nesta masterclass xestouse a través de Pere Molina (co directo do Centro Superior de Música). “Faloume deste proxecto que supón unha reinvención en todos os aspectos e iso gústame. É un proxecto de futuro baseado nas novas tendencias da ensinanza para acadar unha maior efectividade e mellores resultados”, sinala.

MCtrompeta2 MCtrompeta3

MCtrompeta4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver