Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

-Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro sábado na XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País

- O certame trata de implicar á poboación no coidado do entorno e dos espazos públicos

Embelecer20 11

Valga, 23 de agosto de 2020.

O xurado do concurso “Embelecer Valga” percorreu onte os parques e infraestruturas acondicionados polos veciños para elixir, de entre todos, ao lugar máis fermoso. Avenida da Cotuña, Barcia, Barro, Beiro, Campaña, Canle, CRA de Valga, Eiras, Eirexe (Campaña), Tarroeira, Vilar e Vilarello son os lugares que optan aos premios.

O tribunal estivo formado polos concelleiros de Cultura e Facenda e un representante de cada comisión veciñal participante. Durante a visita aos diferentes lugares valoraron cuestións coma a adecuación final das obras ao proxecto presentado, a orixinalidade e creatividade nos deseños e na decoración, o aproveitamento de recursos e materiais da zona, a recuperación de elementos existentes característicos do lugar e o fomento da cultura e tradicións locais.

As actuacións realizadas polos veciños foron as seguintes:

  • Avenida da Coruña: acondicionamento do parque
  • Barcia: melloras no parque
  • Barro: traballos de mantemento no parque
  • Beiro: ornamentación e acondicionamento do parque
  • Campaña: mellora do parque infantil do campo da festa
  • Canle: melloras no parque
  • CRA de Valga: acondicionamento dos patios das escolas unitarias
  • Eiras: adecentamento do lavadoiro e do seu entorno
  • Eirexe (Campaña): mellora da contorna do cemiterio parroquial
  • Tarroeira: acondicionamento de terreo veciñal
  • Vilar: mantemento do lavadoiro e do parque
  • Vilarello: mantemento do parque, lavadoiros e outros espazos da aldea

O proxecto mellor valorado será premiado con 300 euros, o segundo recibirá 200 euros e o terceiro, 100 euros. Os tres primeiros clasificados recibirán tamén un trofeo e o resto de participantes serán gratificados con 100 euros e un diploma conmemorativo. Ademais, outorgarase un premio especial á comisión que mellor manteña o estado do lugar acondicionado durante todo o ano. A cuantía será de 150 euros, que se entregarán na vindeira edición do concurso, aínda que a comisión gañadora non participe.

Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro sábado, 29 de agosto, no acto de entrega de premios da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

O concurso “Embelecer Valga”, que anualmente convoca o Concello, premia ao lugar máis fermoso engalanado polos veciños, como un xeito de implicar á poboación no coidado do entorno acometendo accións de limpeza, mellora, dotación de equipamentos ou ornamentación de paraxes. O Concello encárgase de aportar os materiais para a execución dos traballos.

Embelecer20 11 Embelecer20 2

Embelecer20 3 Embelecer20 4

Embelecer20 5 Embelecer20 6

Embelecer20 7

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver