Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os responsables do Concello reiteran que “as próximas explicacións daranse ante un xulgado apolítico”

- Pídenlle ao líder nacionalista que “non vaia de salvador” porque “os veciños de Valga saben perfectamente cal é a realidade deste municipio e respaldan o traballo deste goberno”

DSC 0024

Valga, 26 de xaneiro de 2018.

O goberno de Valga lémbralle ao señor Luís Villares que “xa non exerce como xuíz” e que será un tribunal “non político” o que sentencie sobre as difamacións vertidas contra os responsables e traballadores municipais. “O señor Villares debe mentalizarse xa de que agora é político e non maxistrado. Que non sentencie porque será un xulgado apolítico o que dictamine. Este goberno respondeu a todas e cada unha das preguntas que se lle fixeron, deu explicacións a todas as súas inxurias e as próximas daráas nun xulgado, que é onde corresponde”, remarca o goberno local. “Os que deben contestar ás preguntas que plantexou este equipo de goberno son o señor Villares e os seus socios de tripartito”.

Os responsables municipais pídenlle, ademais, que “non vaia de salvador” porque “os veciños de Valga saben perfectamente o que pasa neste Concello e cal é a súa realidade, non vai a explicarlla el. Coñecen o traballo que se realiza día a día para mellorar o municipio e o benestar dos seus habitantes, e iso é o que lle molesta ao señor Villares e aos seus acólitos. Como as cousas se fan ben e os veciños respaldan o traballo realizado, non lles queda outra que recurrir á calumnia e embarrar”.

Neste sentido, o goberno quere deixar claro que “non imos meternos nese barro, temos cousas máis importantes que facer como, por exemplo, xestionar este Concello o mellor posible de acordo co desexo expresado polos veciños nas urnas. Somos xestores e non temos tempo de meternos na pista de barro na que o señor Villares quere converter a política. O demais farase ante o xulgado, polo que será o último comunicado que fagamos contestando ao señor Villares”.

O que queda claro, a xuízo do goberno local, é “a pouca confianza que ten o señor Villares en conseguir convencer aos veciños de Valga onde corresponde, nunhas eleccións, e o pouco que valora aos responsables locais da Marea cando el, que xoga en Primeira División e aspira a ser presidente da Xunta, ten que baixar á categoría rexional a dar patadas”.

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver