Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A programación dá comezo esta fin de semana coa Ruta-Concurso “Tapa a anguía”

- Mantéñense o Concurso da Caña e a demostración de destilado e haberá obradoiros e baile para os máis pequenos e un concerto da banda

CartelFestaAnguía2020

Valga, 18 de agosto de 2020.

O Concello de Valga ten pechada a programación da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebra a partir da vindeira fin de semana. O goberno municipal decidiu manter o evento pero reformulalo evitando as grandes aglomeracións e organizando actividades seguras e dirixidas a público reducido.

A programación mantén algunhas das citas habituais da festa, coma a Ruta de Tapas, o certame Embelecer Valga e o Concurso da Caña do País. Tamén se realizará a demostración de destilado de augardente tradicional e incorpóranse actividades culturais e lúdicas para todos os públicos, coma obradoiros de maxia, contos e cociña ou un concerto da Banda de Música Municipal de Valga.

O programa de actividades completo é o seguinte:

SÁBADO, 22 DE AGOSTO

  • 10:00 horas: Visita do xurado aos lugares participantes no concurso Embelecer Valga (Avenida da Coruña, Barcia, Barro, Beiro, Campaña, Canle, CEIP Baño-Xanza, CRA de Valga, Eiras, Eirexe, Laceiras, Tarroeira, Vilar e Vilarello).
  • 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 horas: VII Ruta-Concurso “Tapa a Anguía” na que participan Café-Bar Couceiro, Bar Juan, Cafetería Auditorio, Pastelería Caprichos, Café-Bar O Pontellón e Bar Pardal.

DOMINGO, 23 DE AGOSTO

  • 12:00 a 15:00 horas: VII Ruta-Concurso “Tapa a Anguía”

XOVES, 27 DE AGOSTO

  • 20:00 horas, no Centro de Interpretación da Caña do País: Concurso Tradicional da Caña do País. Precata

VENRES, 28 DE AGOSTO

  • 20:00 horas, no Centro de Interpretación da Caña do País: Concurso Tradicional da Caña do País. Cata final

Presentación da botella conmemorativa da XXX Mostra da Caña do País

  • 20:00 horas, no Parque Irmáns Dios Mosquera: Obradoiro “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”, que mestura a narración oral coa posta en escena teatral. Antón e Tomasa son un cociñeiro e unha pasteleira aos que lles encanta cociñar un montón de aventuras. A actividade conta cunha segunda parte na que se leva a cabo un obradoiro de cociña.

SÁBADO, 29 DE AGOSTO

  • 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 horas: VII Ruta-Degustación “Tapa a Anguía”
  • 17:00 horas, no Centro de Interpretación da Caña do País: Acendido de potas para a Demostración de destilado de caña

No Parque Irmáns Dios Mosquera:

  • 19:00 horas: Obradoiro “Maxia divertida”. O Mago Paco preséntanos unha morea de historias a través de xogos, que levarán a nenos e maiores a descubrir a “maxia divertida” que esconden os contos.
  • 20:00 horas: Sesión de baile e coreografías “Danza igualitaria”. Actividade enmarcada no programa de Igualdade do Concello, dirixida a todos os públicos e persoas con ou sen experiencia para “Movernos pola Igualdade”.
  • 21:00 horas: Entrega de premios do Concurso da Caña do País, Embelecer Valga, Concurso artístico para elixir o cartel anunciador, Ruta “Tapa a Anguía” e gañadores dos vales de compra da ruta de tapas.
  • 21:30 horas: Concerto da Banda de Música Municipal de Valga

DOMINGO, 30 DE AGOSTO

  • 12:00 a 15:00 horas: VII Ruta-Degustación “Tapa a Anguía”

O goberno municipal pide a todas as persoas que asistan aos diferentes actos, que cumpran coas normas sanitarias, levando mascarilla e mantendo a distancia de seguridade, pola súa saúde e a de todos.

CartelCañaAnguía2020

 

TapaAnguía2020

BandoCaña20

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver