Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Foi recibido polo alcalde, José María Bello Maneiro, e pola concelleira Carmen Gómez

- O espectáculo do Ballet Nacional de España estrearase na primavera de 2021 no Teatro da Zarzuela de Madrid

GregorMuseo0

Valga, 4 de agosto de 2020.

Gregor Acuña-Pohl, dramaturgo a producción de danza “La Bella Otero”, que o Ballet Nacional de España ten previsto estrear na primavera de 2021 no Teatro da Zarzuela, estivo esta mañá en Valga para coñecer a vila natal da diva da Belle Époque e visitar o Museo da Historia no que se expón ao público diverso material sobre a vida e obra da artista.

Gregor Acuña é o autor do libreto de “La Bella Otero, un espectáculo de ballet flamenco dirixido por Rubén Olmo e que ten a Patricia Guerrero como protagonista no papel de Carolina Otero. A figura da bailarina valguesa e o seu mito inspiran unha coreografía que mistura diferentes estilos de danza española, coma folclore, flamenco, bolera e estilizada. A música corre a cargo de Manuel Busto, Alejandro Cruz, Rubén Díaz e Agustín Diassera. A produción conta tamén coa participación da Orquestra da Comunidade de Madrid, o grupo folclórico Rarefolk e outros músicos invitados.

“Reflexións sobre o maltrato, a ambición, o éxito, a incapacidade de amar e a soidade”. Así se anuncia o espectáculo na páxina web do Teatro da Zarzuela. O director ten avanzado nalgunhas entrevistas que a acción, como non podía ser doutro xeito, comeza “en Valga, nunha romería popular”. Rubén Olmo quedou fascinado pola figura da Bella Otero hai máis de dúas décadas cando, por casualidade, atopou nun mercado varias postais da bailarina. A partir delas comenzou a investigar e xurdiu este proxecto que demostra que Carolina Otero e a súa historia seguen a levantar paixóns na actualidade.

Para facer o libreto da obra, Gregor Acuña-Pohl tivo que documentarse extensamente e, no marco deste traballo informativo, hoxe achegouse ás orixes da Bella Otero cunha visita ao Museo da Historia. A última planta do edificio expositivo está adicada en exclusiva á artista de fama internacional. Ademais, tamén se adentrou na vivenda natal da bailarina e achegouse á estatua que lle rende homenaxe no Parque Irmáns Dios Mosquera.

O dramaturgo foi recibido polo alcalde, José María Bello Maneiro, e pola concelleira Carmen Gómez e manifestou a súa vontade de que tanto o director da obra coma a bailarina protagonista poidan desprazarse tamén a Valga antes da estrea do espectáculo.

GregorMuseo2 GregorMuseo3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver