Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade ten lugar ata o sábado nas instalacións do Galipark Multiaventura, en Padrón

- A concelleira Malena Isorna visitou onte aos participantes e fíxolles entrega de auga e mascarillas

CampamentoEM1

Valga, 4 de agosto de 2020.

A Escola Municipal de Música celebra durante esta semana a XXI edición do seu Campamento Musical de Verán, unha actividade que tivo que ser reorganizada para adaptarse á nova situación sanitaria a consecuencia da pandemia da Covid-19.

A Escola tiña prevista unha viaxe a Valencia para participar no Certame Internacional de Bandas de Música, que foi aprazado ata o ano que vén. As circunstancias sanitarias tampouco aconsellan os desprazamentos, polo que se optou por unha alternativa de proximidade que permita, igualmente, ao alumnado compartir unhas xornadas musicais e experiencias de ocio.

O lugar elixido para o campamento foi o parque multiaventura Galipark, en Padrón, onde 41 alumnos da Escola Municipal teñen as instalacións á súa completa disposición. Están acompañados por 6 persoas da organización e polos monitores do parque.

“Despois de varios meses de parón, nos que a escola estivo pechada esta experiencia permítenos xuntarnos de novo e volver a tocar xuntos”, destaca o director da Escola de Música, Manuel Villar Touceda. Parte do día adícano á formación musical, preparando novo repertorio para a Banda e a Orquestra de Cámara. “Traballamos con pasodobres e pezas populares e tamén comezaremos a preparar o Certame Internacional de Bandas de Valencia, previsto para 2021”, engade o director.

Polas tardes, de 16 a 18 horas, os músicos realizan actividades de ocio. O campamento rematará o sábado. Onte, na xornada inaugural, os participantes recibiron a visita da concelleira responsable da Escola de Música, Malena Isorna, que lles achegou lotes de auga e de mascarillas para empregar durante a súa estancia no parque”.

CampamentoEM2 CampamentoEM3

CampamentoEM4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver