Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os obradoiros diríxense a nenos de Educación Primaria e Segundaria, tendo preferencia os usuarios da Rede CeMIT

- Todos os talleres se desenvolverán de xeito online dende os fogares dos rapaces inscritos

TechKids1

Valga, 23 de xullo de 2020.

A Aula CeMIT de Valga participa un verán máis no programa Tech Kids, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñería. Trátase dunha serie de obradoiros dirixidos a rapaces a partir de 6 anos (alumnos de 1º e 2º ciclos de Primaria e Secundaria) para incrementar o seu interese polas profesións tecnolóxicas.

En cada una das actividades, que se desenvolverán entre o día 30 de xullo e o 9 de setembro, os participantes deberán superar desafíos temáticos co obxectivo de involucralos na investigación, a tecnoloxía e a ciencia. Robótica, creacción de Apps, videoxogos e animación 2D e 3D son algunhas das propostas do programa.

Nesta edición, debido á pandemia do coronavirus, os obradoiros desenvolveranse de xeito online dende os fogares dos rapaces. O prazo de inscrición remata o vindeiro luns, 27 de xullo, ás 12 horas, a través da ligazón https://digitalent.xunta.gal/gl/content/tech-kids-2020 Teñen preferencia os usuarios das aulas CeMIT.

As actividades que inclúe este campamento tecnolóxico son:

1. Gamer Tech - Soña, deseña e crea videoxogos incribles

- Primeiro ciclo de Primaria: os xoves, de 10:30 a 13:30 horas

- Segundo ciclo de Primaria: os martes, de 10:30 a 13:30 horas

 

2. Robo Tech - Se che gustan os retos, os desafíos e a robótica este é o teu campamento

- Primeiro ciclo de Primaria: os luns, de 10:30 a 13:30 horas

- Segundo ciclo de Primaria: os martes, de 10:30 a 13:30 horas

- Secundaria: os mércores, de 10:30 a 13:30 horas

 

3. App Tech - Sorprende a todos creando a túa propia App

- Secundaria: os mércores, de 10:30 a 13:30 horas

- Segundo ciclo de Primaria: os venres, de 10:30 a 13:30 horas

 

4. Compu Tech - Aprende todo o necesario para os teus traballos de clase

- Primeiro ciclo de Primaria: os xoves, de 10:30 a 13:30 horas

- Segundo ciclo de Primaria: os venres, de 10:30 a 13:30 horas

 

5. Minecraft Tech - Se o que che gusta é o Minecraft esta é a túa oportunidade

- Primeiro ciclo de Primaria: os luns, de 10:30 a 13:30 horas

Os rapaces interesados en participar poden inscribirse en varias actividades en función do seu curso escolar e sempre e cando non coincidan no mesmo día.

Folleto do campamento tecnolóxico "Tech Kids"

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver