Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O exame, ao que estaban convocados 21 candidatos, realizouse nas instalacións da Escola Taller

- As persoas que o superen terán que realizar tamén unha entrevista persoal e unha proba de esforzo

ProbasBrigada1

Valga, 22 de xullo de 2020.

As instalacións da Escola Taller no Forno (Cordeiro) acolleron esta mañá as probas prácticas do proceso de selección de cinco operarios para formar a brigada de loita contra incendios forestais coa que contará Valga durante un período de tres meses.

Ao exame estaban convocados un total de vinte e un aspirantes que presentaron as súas solicitudes aos postos de xefe de brigada, condutor e peón. Os candidatos tiveron que demostrar os seus coñecementos en relación á extinción de lumes e ao material que se emprega e, ademais, realizar maniobras de uso da mangueira, a motoserra ou a desbrozadora, entre outras ferramentas.

Os aspirantes que superen esta proba práctica deberán realizar tamén unha entrevista persoal con preguntas relacionadas ao posto de traballo ao que optan e, por último, un recoñecemento médico que incluirá unha proba de esforzo.  Contratarase a un xefe de brigada, a un condutor e a tres peóns forestais.

Para a posta en funcionamento desta brigada, o Concello e máis a Consellería do Medio Rural asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións de defensa contra incendios.

Entre as funcións e tarefas a realizar por este retén terá prioridade a extinción de incendios forestais, pero tamén levarán a cabo labores de prevención e desbroce.

ProbasBrigada2           ProbasBrigada3

ProbasBrigada4 ProbasBrigada5

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver