Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mestra composteira do Concello e técnicos da Deputación entregaron folletos divulgativos e agasallos promocionais

- A carpa estará o vindeiro xoves, día 16, no Auditorio entre as 18:00 e as 20:00 horas

CarpaRevitaliza

Valga, 13 de xullo de 2020.

Unha carpa divulgativa do Plan Revitaliza estivo durante esta mañá en Valga para ofrecer información aos veciños sobre a próxima implantación da compostaxe individual e comunitaria a través do Plan Revitaliza, no que colaboran o Concello e a Deputación.

A mestra composteira contratada polo Concello e técnicos da Deputación Provincial foron os encargados de explicar en que consiste esta forma de xestión dos residuos orgánicos a todas as persoas que se achegaron á carpa, ás que entregaron folletos divulgativos do Plan Revitaliza e agasallos promocionais coma lapiseiros, imáns, limpa móbiles ou adhesivos.

A compostaxe implantarase en Valga mediante o reparto de composteiros individuais entre aqueles veciños que vivan en casas unifamiliares con horta ou xardín. Ademais, colocaranse centros de compostaxe comunitaria nas zonas máis urbanas e naqueles lugares nos que predomine a vivenda colectiva para que os seus residentes tamén poidan compostar os residuos orgánicos xerados nos seus fogares.

Entre as principais dúbidas que os veciños lles trasladaron aos técnicos estiveron que tipo de residuos se poden depositar nos composteiros para obter abono natural ou se este proceso provoca malos cheiros. A mestra composteira explicoulles que esta é unha falsa crenza que non é real, e para demostrarllo aos veciños tiveron na carpa unha mostra de compost.

O Concello de Valga decidiu adherirse ao Plan Revitaliza co obxectivo de fomentar a compostaxe como un modelo de xestión do lixo ambientalmente sustentable, xa que permite reducir o aporte de quilos de materia orgánica que se deposita nos contedores. A subministración dos composteiros está actualmente en proceso de adxudicación.

Para continuar divulgando este proxecto entre os valgueses, a carpa estará o vindeiro xoves, día 16, no Auditorio Municipal en horario de tarde, entre as 18:00 e as 20:00.

CarpaRevitaliza2 CarpaRevitaliza3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver