Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A selección do persoal está en marcha, podendo presentarse as solicitudes ata o vindeiro martes, día 14

- A súa prioridade será exintiguir lumes, pero tamén realizarán traballos de prevención

 

Valga, 8 de xullo de 2020.

O Concello, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, contará este verán cunha brigada de loita contra incendios forestais, que se manterá activa durante un período de tres meses e estará formada por un total de cinco operarios (un xefe de brigada, un condutor e tres peóns).

O proceso de contratación xa está en marcha e a selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición. Primeiro os aspirantes deberán realizar unha proba física e despois os seus méritos serán avaliados nunha proba práctica e nunha entrevista persoal. Para optar ao posto de condutor é obrigatorio estar en posesión do carné de conducir tipo B e para poder aspirar á praza de xefe de brigada requírese algunhas das seguintes titulacións: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxístico, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente. Tamén é necesario o carné B.

As persoas interesadas en formar parte desta cuadrilla teñen de prazo ata o vindeiro martes, 14 de xullo, para presentar as súas solicitudes no Concello xunto á seguinte documentación:

  • Copia do DNI
  • Diplomas de cursos
  • Tarxeta de desemprego
  • Copia do carné de conducir B
  • Copia da titulación necesaria, no caso de xefe de brigada

Para a posta en funcionamento da brigada, o Concello e máis a Consellería do Medio Rural asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións de defensa contra incendios forestais.

Entre as funcións e tarefas a realizar por este retén terá prioridade a extinción de incendios forestais, pero tamén levarán a cabo labores de prevención.

Bases para a contratación de cinco operarios para a brigada contra incendios

Folla de solicitude

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver