Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A sesión terá lugar o luns 5 de febreiro a partir das 11 horas e é necesaria inscrición previa

- Explicaranse, de xeito práctico e sinxelo, as partes xerais e obrigatorias das etiquetas de calquera productos que se comercialice

Etiquetado

Valga, 25 de xaneiro de 2018.

A Aula CeMIT de Valga retransmite por videoconferencia o vindeiro 5 de febreiro a charla “O etiquetado dos produtos”, promovida pola Escola Galega de Consumo e orientada a todos os públicos (persoas de entre 16 e 85 anos de idade).

Nesta actividade explicaranse, dun xeito sinxelo e práctico, as distintas partes xerais e obrigatorias do etiquetado de calquera produto que se comercialice, diferenciando as partes obligatorias específicas segundo a tipoloxía do produto: tecnoloxía, alimentación, xoguete e téxtil. Explicarase tamén a información facultativa do etiquetado: as partes non obrigatorias que indican alguna característica do produto ou do eu envase.

Hai que ter en conta que todos os produtos teñen que levar a súa correspondente etiqueta, que é a súa tarxeta de presentación. A pesar de que boa parte dos consumidores están familiarizados coas etiquetas, moitas veces descoñécese a importante información que facilitan sobre o produto a mercar e as súas características, requisito necesario para tomar a mellor decisión de consumo.

A conferencia, cunha duración aproximada de hora e media, dará comezo ás 11 da mañá. Para asistir é necesario inscribirse con anterioridade. Pode facerse premendo no seguinte enlace https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/23822 ou na Aula CeMIT de Valga, emprazada no Auditorio Municipal. O número de prazas dispoñibles é de 20.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver