Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Só se autorizaron fogatas en fincas e terreos privados e o goberno local lembra que é obrigatorio cumprir as normas sanitarias en vigor

- O listado completo de cacharelas foi comunicado ao Distrito forestal e aos servizos de emerxencias

 

Valga, 23 de xuño de 2020.

O Concello de Valga tramitou un total de 93 solicitudes de permiso para fogueiras de San Xoán, unha cifra superior á do ano pasado, cando foran 74 as autorizacións concedidas. A parroquia que rexistou un maior número de solicitudes veciñais foi a de Cordeiro, cun total de 34, seguida de Xanza con 23. En Valga están autorizadas 16 fogatas, en Campaña 13 e en Setecoros 7.

Para cumprir coa tradición na noite máis curta do ano, os veciños tiveron que cubrir un impreso nas oficinas municipais indicando a parroquia e o lugar no que se realizará a fogueira, quedando esta baixo a responsabilidade do solicitante que, coa súa sinatura, se compromete a adoptar as medidas de seguridade necesarias para evitar incidentes e escapes do lume e a cumprir as normas sanitarias que están en vigor para previr contaxios de coronavirus.

O listado completo de cacharelas autorizadas foi posto en coñecemento do xefe provincial do Servizo de Defensa contra incendios do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés e dos servizos de emerxencias, que esta noite farán un seguimento para evitar posibles incidentes.

As normas de seguridade que deben cumprir as persoas que vaian a celebrar o San Xoán co acendido de fogatas son as seguintes:

  • Non facer moreas dunha altura excesivamente elevada para evitar problemas de seguridade
  • Non facer a fogueira preto de lugares con vexetación
  • Con exceso de vento non prender a fogueira
  • Evitar usar nas fogatas materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis, etc.)
  • Ter auga preto para actuar ante posibles escapes do lume
  • Non utilizar na fogueira materiais contaminantes (pneumáticos, aerosois, etc.)
  • Deixar a fogueira completamente apagada antes de marchar
  • No caso de ter problemas debe chamar ao 085 ou ao 112 (a chamada é gratuíta)
  • CUMPRIR AS NORMAS DAS AUTORIDADES SANITARIAS PARA PROTEXER A SAÚDE DE TODOS

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver