Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O proxecto, cun orzamento de 119.666,68 euros, foi subvencionado pola Consellería do Medio Rural

- O vial pasou a ter un ancho medio de 4,5 metros e conta cunha nova capa asfáltica

DSC 0016

Valga, 23 de xaneiro de 2018.

Valga e o municipio veciño de Cuntis contan xa cunha nova comunicación por estrada. As obras de acondicionamento do vial que discorre entre o núcleo de Martores, na parroquia de San Miguel, e o lugar de Magán, no termo de Cuntis, están xa rematadas.

Os traballos consistiron no ensanche desta estrada rural de 1,78 quilómetros de lonxitude, realizándose un sobreancho de plataforma, a apertura de cunetas e dotándoa de firme de triple tratamento asfáltico. O vial conta agora con 4,5 metros de ancho medio, o que favorece o tránsito de vehículos en condicións de maior seguridade para beneficio da poboación asentada na zona.

A empresa pública Tragsa executou as obras, que contaron cun orzamento de 119.666,68 euros e foron financiadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural e, en concreto, con fondos do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR).

Os proxectos subvencionados no marco do plan PIR tratan de contribuír ao desenvolvemento das zonas rurais e falicitar as comunicacións entre veciños, así como dotar á poboación de servizos básicos necesarios para unha maior calidade de vida.

DSC 0020 DSC 0021

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver