Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A estrutura ten unhas dimensións de 2’50 metros de alto por 10 de longo

- A imaxe da Bella Otero destaca sobre un fondo beige que harmoniza coa pedra do edificio

LonaMuseo2

Valga, 18 de xuño de 2020.

O Museo da Historia de Valga estrea nova imaxe exterior trala colocación, sobre a galería da fachada principal, dunha lona de gran formato.

O panel promocional foi deseñado, fabricado e subministrado pola empresa Insólito Diseño + Producto e  ten unhas dimensións de 2,5 metros de alto por 10 de longo. Está reforzado con ollais de anclaxe para tensionalo.

A protagonista do deseño é a Bella Otero, cuxa figura destaca sobre un fondo de cor beige que harmoniza coa pedra da fachada. No outro lateral, e sobre fondo máis escuro, a lona incorpora a inscrición “Mercurio Severus pro voto”, a mesma que pode lerse na ara romana do século I que foi achada en 1950 na capela dos Martores, e cuxo orixinal se exhibe no Museo.

Esta actuación foi cofinanciada polo Concello e a Deputación de Pontevedra, a través dunha liña de subvencións para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural. A coidada e atractiva estética do edificio do Museo da Historia vese así reforzada con esta lona, que lle imprime unha maior identidade.

         LonaMuseo1          LonaMuseo3

LonaMuseo4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver