Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O equipo directivo entrante ten como obxectivo que “os valgueses sintan o instituto tan seu coma a Banda de Música ou o Belén”

- O goberno municipal deséxalle éxito no seu mandato, en beneficio da mocidade de Valga e do seu futuro

tresies

Valga, 17 de xuño de 2020.

O IES de Valga prepara un relevo na súa dirección, que a partir do vindeiro 1 de xullo recaerá en Eliseu Mera, actual vicedirector do centro. Mera asume o cargo logo de dous cursos nos que Dolores Rego foi a encargada de presidir o equipo directivo. Neste equipo entrante manteñen os seus cargos a xefa de estudos, Beatriz Lloret, e o secretario, Jesús López, incorporándose na vicedirección Ana Bueno.

Comeza unha etapa na que Eliseu Mera aposta por abrir aínda máis a actividade do IES á aos veciños de Valga. Este é un centro “con magníficos resultados no Bacharelato e tamén nos seus ciclos formativos”, destaca o director entrante. Por exemplo, “o Ciclo Superior de Construcións Metálicas ten unha taxa de inserción laboral de máis do 80%”. Mera tamén salienta  “a forte aposta polos programas de atención á diversidade”, pero acha que estes datos e accións non son aínda suficientemente coñecidos pola sociedade en xeral. Por iso, ten como obxectivo que os valgueses “sintan o IES tan seu como a Banda de Música ou o Belén Artesanal”.

Eliseu Mera agradece “o inmenso esforzo” realizado pola súa antecesora, Dolores Rego, durante os dous anos do seu mandato e a confianza que mostrou nel durante este período de “intensa colaboración”. Pola súa parte, a directora saínte destaca “o traballo diario de todos os membros da comunidade educativa, alumnado, profesorado, familias e o Concello para que o alumnado de Valga acade a formación necesaria para acceder ao mercado laboral ou a outros estudos seguindo os seus intereses”. Á marxe da formación académica valora, así mesmo, a importancia “de formar parte dunha sociedade plural, crítica, diversa, solidaria e, algo que nunca se debe dar por feito, igualitaria”.

O goberno municipal e, en particular, a Concellería de Educación agradece a Dolores Rego, Eliseu Mera e a todos os integrantes dos equipos directivo e docente do IES de Valga –actuais e anteriores– o traballo que veñen desenvolvendo para que este sexa un centro de referencia na comarca. O alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez deséxanlle ao novo equipo directivo un mandato cheo de éxito en beneficio da mocidade valguesa e do seu futuro e bríndanse a seguir mantendo unha estreita colaboración entre o Concello e o IES para que proxectos, coma o Bacharelato de Artes, poidan facerse realidade.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver