Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos afectan ao treito comprendido entre a estrada de Vilagarcía e o Auditorio Municipal

- Renovaranse as redes de abastecemento e saneamento, reconstruiranse as beirarrúas e instalaranse nova iluminación e pasos de peóns elevados

PO190Ferreirós

Valga, 16 de xuño de 2020.

O Concello sacou a licitación a primeira fase das obras de dotación de servizos e pavimentación na estrada PO-190, en Ferreirós. O proxecto, que será financiado pola Xunta de Galicia, afecta ao tramo comprendido entre o cruce coa estrada Pontecesures-Vilagarcía (PO-548) e o Auditorio Municipal.

Neste tramo de case medio quilómetro de lonxitude executaranse traballos de renovación da rede de augas pluviais na súa totalidade, solucionando así as filtracións que se producen á rede de saneamento. Tamén se renovarán as redes de abastecemento e a iluminación, procedendo a soterrar a rede eléctrica e varios tramos da telefónica.

Ademais, levarase a cabo a mellora das beirarrúas e a eliminación de barreiras arquitectónicas de cara a unha mellor accesibilidade. Outros traballos incluídos no proxecto son a construción de varios muros tanto de sostemento da estrada como de contención de terras.

As actuacións complétanse co asfaltado da calzada, a renovación da sinalización horizontal e vertical e a instalación de pasos de peóns elevados coa finalidade de aumentar a seguridade viaria e conseguir unha redución da velocidade nesta rúa, moi transitada debido ao emprazamento do Auditoiro Municipal.

As empresas que queiran optar á adxudicación teñen de prazo ata as 23:59 horas do día 29 de xuño para presentar as súas ofertas por medios electrónicos, a través do Sistema de Licitación Electrónica da Consellería de Facenda.

Para levar a cabo este proxecto, o Concello e a Xunta asinaron un convenio de colaboración no que a administración autonómica se comprometía a financiar as obras. Pola súa parte, o Concello encárgase de licitalas e contratalas e, ademais, asume a titularidade do treito de estrada renovado.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver