- O gran colleitado levouse ao Muíño da Ínsua para obter fariña coa que se elaboraron empanadas, pan e roscas

- Na primavera retomaranse as actividades de recuperación das tradicións agrarias coa sementeira

trigo3

Valga, 22 de xaneiro de 2018.

A novena edición dos Encontros Interxeracionais pechouse cunha comida que reuniu ás persoas que participaron e colaboraron nas distintas actividades para degustar produtos elaborados co trigo colleitado.

Os cen quilos de cereal obtidos da recolleita leváronse a triturar ao Muíño da Ínsua, un muíño de auga que se conserva na ribeira do río Valga, e despois de pasar a fariña pola peneira elabóraronse roscas, moletes de pan e empanadas de carne e bacallau na Panadería Nieves de Ferreirós. A propietaria é tamén dona da finca na que se levan a cabo as actividades vencelladas á produción de trigo, unha parcela que cede desinteresadamente para estes Encontros Interxeracionais.

Os productos foron degustados o pasado venres na comida que tivo lugar no Auditorio e que reuniu a máis dunha trintena de veciños, moitos xa coa mente posta na vindeira edición dos Encontros Interxeracionais, que arrancará na primavera coa sementeira.

Os comensais estiveron acompañados polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, que lles fixeron entrega duns diplomas pola súa colaboración nesta actividade de recuperación das tradicións agrícolas e de conservación do patrimonio cultural local que promove a convivencia entre distintas xeracións de valgueses.

Máis fotos: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.210608599487601.1073741950.131969484018180&type=1&l=50b6d1e0d9

trigo1 trigo2 trigo4  trigo5trigo6 trigo7

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

Boton Obradoiro

boton tempo

Volver