- Unha serie de imaxes de persoas descoñecidas comparten protagonismo cos retratos da súa propia familia

- Trece estampas sobre pranchas de metacrilato completan a mostra, que pode verse ata o día 30 de xaneiro

sandra1

Valga, 18 de xaneiro de 2018.

A artista plástica Sandra Parguiña (Pontevedra, 1995) protagoniza ata o día 30 de xaneiro a exposición “Identidade. Indagacións sobre a memoria e o esquecemento”, unha serie de retratos de persoas anónimas nas que, probablemente, ninguén repararía de non ser por este proxecto que xurdiu durante unha estancia da xoven artista en Atenas. “Alí abundaban as tendas de antigüidades” nas que adquiriu “un puñado de fotografías de descoñecidos que, adiviño, foron tomadas entre os anos vinte e sesenta. Espertaron en min un grande interese”, explica.

Partindo delas, desenvolveu un proxecto artístico sobre a indiferencia ante estes individuos e a súa historia persoal. “Estas xentes son completamente anónimas para min” e as súas imaxes foron recuperadas dun lugar onde únicamente resultaban interesantes para coleccionistas ou turistas. “Aquela última persoa que coñecía a estes personaxes retratados decidiu desentenderse deles e arquivar ou almacenar as fotografías ata que, por casualidade, acabaron no local no que eu as atopei”, reflexiona. O que resulta máis “curioso” para Sandra Parguiña é que sexa ela, unha persoa estranxeira, anacrónica, allea ás súas historias e que non ten nada que ver con eles “a que se sinta comprometida coa súa recuperación”.

Por contraposición, a artista acompaña esta colección dunha serie de retratos da súa propia familia: a súa irmá, os seus proxenitores e os seus ascendentes por parte materna e paterna, persoas que contribuíron a forxar a súa identidade.

Ademais, tamén pode verse como parte desta exposición a serie “Souvenirs. A arte dos recordos”, unha compilación de trece estampas realizadas a punta seca sobre pranchas de metacrilato.

Graduada en Belas Artes e cursando na actualidade un Máster en Deseño e Dirección creativa de moda, Sandra Parguiña adícase principalmente á disciplina do debuxo, inclinando ademais os seus intereses cara ao deseño gráfico e as súas amplicacións no ámbito textil.

sandra2 sandra3 sandra4 sandra5  

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver