Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Portos de Galicia aportará o orzamento total do proxecto, 332.439 euros

- Ademais da colocación do pantalán, pavimentarase unha pequena zona de ribeira, instalarase mobiliario e mellorarase o acceso

EmbarcadoiroNovoySierra1

Valga, 22 de maio 2020.

O Consello da Xunta deu luz verde na súa reunión de hoxe ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e a entidade pública Portos de Galicia para a execución dun novo embarcadoiro no río Ulla destinado ao seu uso por parte de embarcacións turísticas e de recreo. Neste proxecto investiranse 332.439’27 euros, que serán financiados integramente por Portos.

O embarcadoiro executarase no mesmo lugar no que se conservan os restos do antigo porto de carga e descarga de mercadorías vencellado á actividade industrial da desaparecida fábrica de cerámica Novo y Sierra. As obras que se levarán a cabo consistirán na rehabilitación daquela pequena estrutura portuaria co fin de permitir o atraque aos catamaráns e embarcacións turísticas que operan na Ría de Arousa e no río Ulla e atraer, así, un fluxo de visitantes que cheguen ao municipio por vía fluvial.

Acondicionarase na zona de ribeira unha área de 316 metros cadrados con pavimento de granito e colocaranse nela cinco bancos que servirán para delimitar o aparcamento. Tamén se colocarán unha varanda de protección de madeira e alcorques nas árbores que se manteñan na explanada.

O embarcadoiro contará cunha pasarela de 33 metros de lonxitude e 2’5 de ancho realizada en estrutura de aluminio. Desde esta accederase ao pantalán, unha plataforma flotante tamén de aluminio e que terá 24 metros de longo por 3 de ancho.

Por último, o proxecto recolle a realización de obras de acondicionamento do camiño de acceso ao lugar, mediante o estendido e o compactado de saburra.

O prazo de execución total é de cinco meses e será Portos de Galicia quen se encargue da licitación e contratación das obras. O Concello será o responsable do seu mantemento e conservación unha vez finalizadas.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver