Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aspirantes poden presentar as súas solicitudes e currículos entre hoxe e o venres

- A selección realizarase mediante concurso de méritos, que incluirá unha proba práctica e unha entrevista persoal

TractorConcello

Valga, 20 de maio de 2020.

O Concello vén de aprobar as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral temporal, de dous traballadores –un condutor e un tractorista– para realizar funcións en todos os servizos públicos de administración especial, exceptuando os de seguridade.

A contratación será a tempo completo, por obra ou servizo, cunha duración inicial de seis meses.

A actual situación de emerxencia sanitaria esixe a adopción de medidas no dominio público local para extremar as condicións sanitarias e de hixiene para evitar a propagación do coronavirus Covid-19: tarefas de conservación, reparación e mantemento dos elementos de dominio público como beirarrúas, vías públicas, parques, xardíns, mobiliario urbano e similares, garantindo a súa desinfección, limpeza e hixiene tal e como impón o Estado de Alarma.

Para o desenvolvemento desas tarefas é preciso dispor de persoal que as poida executar de maneira efectiva, polo que resulta imprescindible que os servizos especiais do Concello se vexan reforzados con novas contratacións.

Os candidatos deben cumprir os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, do Texto Refundido do Estatuto Básico do Emprego Público, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera administración pública ou dos órganos constitucionais ou estaturarios das comunidades autónomas, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
  • Permiso de conducir C (só para a praza de condutor)

A selección dos dous traballadores realizarase mediante o sistema de concurso de méritos, que constará dunha proba práctica e unha entrevista persoal. Os aspirantes dispoñen de tres días naturais –entre hoxe e o venres– para presentar as súas solicitudes de participación e currículo, xunto coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia do permiso de conducir B (no caso da praza de tractorista)
  • Fotocopia do permiso de conducir C (no caso da praza de condutor)

A presentación da documentación requerida pode realizarse presencialmente ou por medios telemáticos, a través da Sede Electrónica do Concello (https://valga.sedelectronica.gal/info.0) cubrindo unha instancia xeral no apartado de Trámites.

Bases completas da convocatoria

Folla de solicitude

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver